🚀 Técnica/o audiovisual

Hiring now — limited positions available!

Orestes Comunica

  • 📍 Location: Galicia
  • 📅 Posted: Oct 27, 2025
Únete a Orestes Comunica! Buscamos Talentos Audiovisuais (Content Creator 2.0) Es unha mente creativa que vive e respira o contido dixital? Emociónanche os novos formatos e as posibilidades da IA? Esta é a túa oportunidade! En Orestes Comunica estamos a buscar a unha persoa nova, apaixonada e con visión de futuro para ocupar o posto de Técnica/o de Contidos Audiovisuais. Queremos incorporar a alguén que entenda as linguaxes actuais e que estea listo/a para levar a nosa comunicación ao seguinte nivel. ¿Qué buscamos en ti? (Requisitos e Habilidades Clave) Paixón e Creatividade: Buscamos a alguén que achegue ideas frescas, orixinais e que non teña medo de experimentar con narrativas e formatos innovadores. Coñecemento de Novas Linguaxes Audiovisuais: Debes estar ao día coas tendencias en plataformas como TikTok, Instagram Reels, Youtube Shorts, etc. e saber como aplicalas á comunicación empresarial. Experiencia en Gravación, Edición e Postproducción: Manexo fluído de software de edición de vídeo. Visión de Futuro! Ferramentas de IA: Valorarase moi positivamente a experiencia ou o coñecemento no uso de ferramentas de Intelixencia Artificial aplicadas á edición e a creación de contido audiovisual. Versatilidade Gráfica: Coñecemento e/o experiencia en Deseño Gráfico para complementar os contidos audiovisuais con elementos visuais atractivos (deseño de miniaturas, overlays, branding etc.)/ etc.). Dominio do galego. Valorarase -non é obrigatorio, pero suma puntos-: Dispoñibilidade de carnet de conducir (B) e/ou vehículo propio. Permiso de manexo de dron. ¿Qué tipos de traballos fai en vídeo Orestes Comunica? Traballamos principalmente cos sectores industrial e cultural, así que o mesmo facemos pezas de vídeo para festivais de música que para explicar cómo funciona un novo tipo de máquina. Exploramos nas posibilidades do formato video para contar historias. E aplicámolo. Facemos, por suposto, vídeos para redes, para webs, etc… ¿Qué farás en Orestes Comunica? (Funciones Principais) Creación, gravación e edición de contido audiovisual para diversas canles (redes sociais, web, presentacións). Investigación e aplicación de tendencias e novos formatos. Uso de ferramentas de IA para optimizar e enriquecer os procesos de edición e postproducción. Apoio en traballos de deseño gráfico. ¿Qué ofrecemos? Incorporarte a un equipo novo dunha empresa innovadora en crecemento, Primeiros meses con bolsa ou contrato prácticas ou en probas, en función do perfil e experiencia da candata/o e incorporación á empresa, 30-36 horas de traballo semanais, Rexime híbrido: entre 2 e 4 días de traballo presencial nas nosas oficinas de Pontevedra, Un ambiente novo, diferente, e creativo, Unha empresa que quere medrar contigo, axudarche a desenvolver as túas ideas, a túa carreira, o teu talento. Salario: a convir en función da candidata/o. Sempre alomenos un 15% por riba de convenio.
👉 Apply Now

Hurry — interviews are being scheduled daily!