🚀 Técnica/o audiovisual
Hiring now — limited positions available!
Orestes Comunica
- 📍 Location: Pontevedra
- 📅 Posted: Oct 25, 2025
Únete a Orestes Comunica! Buscamos Talentos Audiovisuais (Content Creator 2.0)
Es unha mente creativa que vive e respira o contido dixital? Emociónanche os novos formatos e as posibilidades da IA? Esta é a túa oportunidade!
En Orestes Comunica estamos a buscar a unha persoa nova, apaixonada e con visión de futuro para ocupar o posto de Técnica/o de Contidos Audiovisuais. Queremos incorporar a alguén que entenda as linguaxes actuais e que estea listo/a para levar a nosa comunicación ao seguinte nivel.
¿Qué buscamos en ti? (Requisitos e Habilidades Clave)
- Paixón e Creatividade: Buscamos a alguén que achegue ideas frescas, orixinais e que non teña medo de experimentar con narrativas e formatos innovadores.
- Coñecemento de Novas Linguaxes Audiovisuais: Debes estar ao día coas tendencias en plataformas como TikTok, Instagram Reels, Youtube Shorts, etc. e saber como aplicalas á comunicación empresarial.
- Experiencia en Gravación, Edición e Postproducción: Manexo fluído de software de edición de vídeo.
- Visión de Futuro! Ferramentas de IA: Valorarase moi positivamente a experiencia ou o coñecemento no uso de ferramentas de Intelixencia Artificial aplicadas á edición e a creación de contido audiovisual.
- Versatilidade Gráfica: Coñecemento e/o experiencia en Deseño Gráfico para complementar os contidos audiovisuais con elementos visuais atractivos (deseño de miniaturas, overlays, branding etc.).
- Dominio do galego.
Valorarase -non é obrigatorio, pero suma puntos-:
- Dispoñibilidade de carnet de conducir (B) e/ou vehículo propio.
- Permiso de manexo de dron.
¿Qué tipos de traballos fai en vídeo Orestes Comunica?
- Traballamos principalmente cos sectores industrial e cultural, así que o mesmo facemos pezas de vídeo para festivais de música que para explicar cómo funciona un novo tipo de máquina.
- Exploramos nas posibilidades do formato video para contar historias. E aplicámolo.
- Facemos, por suposto, vídeos para redes, para webs, etc…
¿Qué farás en Orestes Comunica? (Funciones Principais)
- Creación, gravación e edición de contido audiovisual para diversas canles (redes sociais, web, presentacións...).
- Investigación e aplicación de tendencias e novos formatos.
- Uso de ferramentas de IA para optimizar e enriquecer os procesos de edición e postproducción.
- Apoio en traballos de deseño gráfico.
¿Qué ofrecemos?
- Incorporarte a un equipo novo dunha empresa innovadora en crecemento,
- Primeiros meses con bolsa ou contrato prácticas ou en probas, en función do perfil e experiencia da candata/o e incorporación á empresa,
- 30-36 horas de traballo semanais,
- Rexime híbrido: entre 2 e 4 días de traballo presencial nas nosas oficinas de Pontevedra,
- Un ambiente novo, diferente, e creativo,
- Unha empresa que quere medrar contigo, axudarche a desenvolver as túas ideas, a túa carreira, o teu talento.
- Salario: a convir en función da candidata/o. Sempre alomenos un 15% por riba de convenio.
Hurry — interviews are being scheduled daily!